Hoxe é Mércores 17 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden axuda para localizar o condutor que se deu á fuga tras un accidente cunha moto en Chapela

RR INSTITUCIONAL (63)

A familia dun mozo de 26 anos, veciño de Chapela, solicita a colaboración cidadá para tratar de identificar a persoa que conducía un vehículo implicado nun accidente de tráfico e que abandonou o lugar sen deterse. O sinistro produciuse o pasado luns 15 de xuño, arredor das 12:30 horas, no barrio Xapón de Chapela, concretamente no cruzamento da N-552 coa rúa Pasán.

Segundo relatan os familiares do motorista, o coche incorporouse á estrada nacional desde a rúa perpendicular sen advertir a presenza da motocicleta. Esta situación obrigou ao seu condutor a realizar unha manobra para evitar unha colisión de maior gravidade. Como consecuencia do impacto e da perda de control, o mozo saíu despedido varios metros e acabou caendo sobre a calzada.

O motociclista sufriu numerosas contusións e tivo que ser trasladado a un centro hospitalario para recibir atención médica. Afortunadamente, as lesións foron de carácter leve.

A familia cualifica de moi grave que a persoa que conducía o vehículo implicado non se detivera tras o accidente e abandonara o lugar dos feitos sen preocuparse polo accidentado.

Por este motivo, fan un chamamento a posibles testemuñas ou a calquera persoa que puidese presenciar o sucedido ou dispoña de información que axude a identificar o vehículo ou o seu condutor, para que a poñan en coñecemento das autoridades competentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará