Hoxe é Luns 1 de Xuño de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O camiño da Milixosa en Cabeiro reforzarase para evitar novos desprendementos

milixosa

A actuación presentouse aos fondos provinciais do programa Vía Depo e amplía as melloras planificadas inicialmente. O novo deseño técnico inclúe a construción de muros de contención en ambas as dúas marxes e o rebaixe do talude, o que amplía a calzada e garante unha seguridade total. O orzamento ascende a 146.372 euros.

O Goberno municipal presentou formalmente esta actuación ante a Deputación de Pontevedra para o seu financiamento. A novidade do proxecto definitivo radica na mellora técnica respecto ao plan inicial previsto. A proposta final non só contempla o levantamento do muro de contención na marxe dereita en sentido ascendente —zona que sufriu o colapso e desprendemento de terras por mor dos fortes temporais de choiva—, senón que estende as garantías de seguridade á marxe esquerda. Nesta outra banda da vía, os traballos incluirán o rebaixe do talude existente e a execución dunha nova barreira cun petril de pedra de granito de 50 centímetros de alto.

O concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar, explicou que as intensas choivas amosaron a vulnerabilidade de todo o contorno da vía polo que compre intervir tamén na súa marxe “co rebaixe do talude esquerdo e o novo petril de pedra, estabilizamos o terreo fronte a futuros temporais e tamén ampliamos a calzada ata un ancho medio de 7,50 metros, optimizando a drenaxe e mellorando a seguridade na circulación de vehículos e peóns”.

Na marxe dereita, o muro de contención na base do talude acadará alturas variables de entre 1,50 e 5 metros, asentado sobre unha cimentación robusta de ata 4,50 metros de profundidade para evitar novos movementos de terra.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará