Hoxe é Mércores 13 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres da compañía Uruguaia “Coriolis teatro” chegan hoxe ao Multiúsos da Xunqueira

coriolis

A programación do Festival Internacional de Títeres de Redondela continúa coa programación de sala que hoxe contará coa actuación de Coriolis Teatro e a súa obra Trapos, un espectáculo de mesa, sen palabras, onde tres anciáns e un can enfróntanse á norte con moito humor. Unha obra que se representou dentro da programación escolar e que este mércores 13 estará a disposición do público en xeral na programación de sala cunha actuación ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira.

A obra desenvólvese no transcurso dun ano. As estacións sucédense ao redor dun banco de praza. Durante ese ano e as súas estacións, tres octoxenarios e un can sen escrúpulos son os protagonistas que se Terán que enfrontar a morte. Un personaxe peculiar que os observa, axexa e confronta durante todo o espectáculo tentando atrapalos e levalos de diversas formas. Trapos é unha obra que afonda en como nos enfrontamos as dificultades “tentando evadilas, fuxir delas, ignoralas ou confrontándonos”. Así nolo explciaba dende a compañía Uruguaia un  dos seus integrantes, Gerardo Martínez

A Compañía Coriolis teatro visita por primeira vez o Festival de Titeres de Redondela que continúa mañá coa programación de sala e todo un clásico Jordi Bertrán quen ofrecerá este xoves o espectáculo Points tamén ás 20:00 horas no Multiúsos. Outras das súas obras “Classics” será a encargada de pechar o festival o domingo ás 19:00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará