Hoxe é Luns 11 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Traballadoras dun supermercado de Redondela atopan un bolso con máis de 2.000 euros

familia

A propietaria dun bolso perdido con máis de 2.000 euros en efectivo puido recuperar os cartos logo de que as traballadoras do supermercado Familia, en Reboreda, atoparan o bolso mentres realizaban labores de limpeza ao remate da xornada do venres.

O xesto das traballadoras do supermercado Familia permitiu que unha veciña puidese recuperar un bolso no que gardaba máis de 2.000 euros en efectivo.

Os feitos ocorreron na mañá do sábado, cando unha encargada do establecemento se puxo en contacto coa Policía Local de Redondela para informar de que o bolso fora atopado o venres mentres o persoas realizaba labores de limpeza ao remate da xornada laboral.

Unha vez recibida a chamada, os axentes da Policía Local iniciaron diversas xestións para localizar á propietaria do bolso. Finalmente, conseguiron identificar e contactar coa veciña afectada, quen puido recuperar as súas pertenzas e o diñeiro que levaba no interior.

Dende a Policía Local destacaron a colaboración e o comportamento exemplar das traballadoras do supermercado, cuxo xesto foi clave para resolver o incidente de maneira satisfactoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará