Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP leva ao Congreso a polémica reforma da ponte da Portela

portela1

Os populares instan ao Ministerio de Transportes e Movilidad Sostenible, a través de ADIF, a adoptar de xeito urxente unha solución técnica axeitada no paso superior da Portela, na parroquia de Cedeira, que garanta a seguridade viaria cumprindo a accesibilidade, o cruzamento simultáneo de coches e o tránsito adecuado de vehículos de emerxencia, contemplando unha calzada que permita dous carrís seguros de circulación.

Os deputados nacionais Irene Garrido e Juan Bayón, acompañados do voceiro do PP en Redondela, Javier Bas, mantiveron un encontro cos veciños afectados e anunciaron a presentación de senllas Proposicións Non de Lei nas comisións de transportes e seguridade vial para reclamar a Adif que garante a seguridade viaria e mellore o paso na ponte da Portela.

Os veciños afectados levan moito tempo denunciando que a calzada útil queda reducida a aproximadamente catro metros –cando antes tiña 5,5 metros– como consecuencia da instalación de barreiras de formigón e da habilitación de dúas beirarrúas elevadas. Esta situación dificulta ou impide o cruzamento simultáneo de dous vehículos,  incrementa o risco de colisión e xera problemas evidentes de seguridade viaria, ao que hai que engadir as dificultades para o paso de vehículos de emerxencia, como ambulancias, bombeiros ou corpos de seguridade.

A deputada Irene Garrido criticou que a reforma “empeora o que había” e reclamou unha resposta do ministerio nun prazo aproximado dun mes para coñecer se se manterá o deseño actual ou se atenderán as demandas veciñais.

Irene Garrido

Pola súa banda, Javier Bas lembrou que este encontro xurde do seu compromiso de levar o tema ao Congreso despois de que o pleno do pasado 30 de abril aprobara unha moción para apoiar as revindicacións dos veciños e agradeceu a celeridade e sensibilidade dos deputados para visitar a contorna.

Ademais, lembrou que este grave problema na reforma da ponte ferroviaria xurde basicamente da “mala información” subministrada polo Concello aos afectadose por non facer consideracións ao mesmo para evitar o empeoramento desta infraestrutura. “Unha vez máis o Concello non actuou para que se corrixise esta situación na Portela e, a maiores, engádese a continua cativez de miras do Ministerio de Transportes con Redondela, xa que cada vez que fai unha actuación empeoran as infraestruturas e prexudican aos veciños, pero desde o PP imos loitar por eles”, conclúíu Bas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará