Hoxe é Venres 24 de Abril de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bronce nacional para o CPA Bolboreta

675463339_1466154701853551_6085132442273889806_n

A cidade de Alcoy acolleu o X Trofeo Alcoy – Copa de España de Patinaxe Artística, unha das citas máis relevantes do calendario nacional desta disciplina. Ata alí desprazáronse a pasada fin de semana os clubs de Redondela, que volveron amosar o alto nivel competitivo.

O Club de Patinaxe Artística Bolboreta participou coa súa formación de grupo pequeno en categoría nacional, logrando un meritorio terceiro posto coa coreografía titulada “Reina Blanca”. A actuación valeulles subir ao podio nunha competición de grande esixencia, consolidando o traballo realizado ao longo da tempada. Dende o propio club subliñan o esforzo, a entrega e a ilusión do equipo, así como o apoio recibido por parte de familias e acompañantes desprazados ata a localidade alacantina.

A entidade tamén quixo recoñecer publicamente o labor organizativo e humano do seu equipo técnico e directivo, destacando o papel fundamental de quen traballa nos preparativos, a coordinación das viaxes e o acompañamento constante das deportistas.

Pola súa banda, o CPA Arealonga de Chapela tamén estivo presente na competición, obtendo resultados que, malia quedar ás portas de posicións máis avanzadas, confirman a súa progresión. O cuarteto júnior acadou a novena posición, mentres que o grupo de show júnior finalizou en undécimo lugar, en ambos casos a escasas décimas dos equipos precedentes.

Ademais destes resultados, celebran dous importantes fitos a nivel internacional: o cuarteto júnior conseguiu a clasificación para a World Cup que se celebrará en Italia, mentres que o grupo de show júnior obtivo unha praza provisional para a Copa de Europa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará