Hoxe é Sábado 2 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Sara Donoso lanza o xogo Itinaya: 80 cartas para descubrir camiñando

WhatsApp Image 2026-03-16 at 20.08.16

Sara Donoso

Nun mundo cheo de pantallas, notificacións e présas, chega unha proposta ideada por unha redondelá: Itinaya, un xogo de cartas que non se xoga sentado á mesa, senón camiñando polo monte, pola rúa ou polo teu propio barrio. É unha ferramenta para reconectar cos sentidos, co entorno e coa propia creatividade. E detrás deste proxecto tan orixinal están tres mulleres de aquí: Sara Donoso e Lidia Villalón, ambas de Redondela, e Alba Santa, ilustradora de Pontevedra.

Sara Donoso, de Redondela, é comisaria de arte, xestora cultural e experta en educación artística. Leva uns dez anos mesturando arte con educación, colaborando con institucións e preguntándose sempre o mesmo: “Que fai falta introducir no mundo da arte e da natureza para que a creatividade non sexa algo reservado a uns poucos?”. A idea de Itinaya xurdiu exactamente aí, no seu traballo de fin de mestrado. Fixo unha intervención no IES Floriani de Redondela, estudando dende a neurociencia como vincular educación ambiental e a artística. “Foi un experimento, unha intuición que funcionou moi ben”, conta Sara. “Tivo bos resultados co alumnado e logo probeino con  adultos nunha residencia de Fixar. Gustou tanto que as miñas compañeiras empuxaronme a crear o xogo”.

Sara Donoso.

O xogo é para todas as idades: serve en institutos, en primaria, en familias ou simplemente para saír só a pasear. Consta de 80 cartas divididas en catro categorías –Crea, Sinte, Explora e Coida– que che van guiando sen normas ríxidas. Por exemplo, unha carta de “Crea” pode pedirche facer unha paleta cromática coas cores do lugar; unha de “Cuida”, escribir mensaxes positivas inspiradas nunha árbore ou un raio de luz; “Sinte” invítate a prestar atención aos aromas da contorna; e “Explora” anímate a imaxinar a historia dun banco ou dunha farola. “Non fai falta ir a un lugar idílico”, di Sara. “Podes xogar no teu barrio, nun sitio industrial, en calquera contorno. O importante é atopar o xogo e estar presente”.

Sara Donoso.

Todo isto non tería a mesma forza sen as dúas compañeiras que se sumaron ao camiño. Alba Santa, ilustradora de Pontevedra, coñeceu o proxecto na residencia de Fixar. “Ela foi unha das participantes dese paseo-test coas primeiras cartas improvisadas”, lembra Sara. “Encantoulle, ten moitísima enerxía, e dixo que quería colaborar nas ilustracións”.

Alba Santa.

 Alba achegou ese universo visual vivo e cálido e Sara tiña moi claro que quería que cada unha das categorías estivera cunha cor diferenciada. “Escolleu o verde para Coida, o laranxa para Crea, o azul para Sinte e rosas e morados para Explora”, explica Alba. “A partir deses cores foron creando o que vai sendo as ilustracións. Ademais das cores, buscaba algo entre surrealista, mesturando con texturas, liñas dentro das propias formas. É un pouco o que fixen: comecei na libreta manchando, sobre todo con rotuladores e pinturas, trozos de papel. Fixei un collage para entender un pouco o que quería atopar e fun traballando sobre capas”.

“A idea da personaxe que aparece, unha rapaza en todas as cartas, foi surxindo cada vez que ía avanzando nas ilustracións. Unha personaxe interactuando co medio en cada categoría co que lle corresponde”, detalla.

Todo isto non tería a mesma forza sen as dúas compañeiras que se sumaron ao camiño. Alba Santa, ilustradora de Pontevedra, coñeceu o proxecto na residencia de Fixar. “Ela foi unha das participantes dese paseo-test coas primeiras cartas improvisadas”, lembra Sara. “Encantoulle, ten moitísima enerxía, e dixo que quería colaborar nas ilustracións”.

A terceira peza é Lidia Villalón, deseñadora de Redondela. “Fomos compartindo inquedanzas creativas e as partes duras de traballar por conta propia”, conta Sara. Lidia encargouse do logotipo e da imaxe gráfica. “Sara tiña moi claro que quería algo minimalista e limpo, corporativo, para contrastar coas ilustracións máis divertidas de Alba”, explica Lidia. Fomos xuntas facer frottage de follas, plantas e troncos de árbores inspirándonos nunha das cartas do xogo… foi superdivertido e inspirador”. O resultado é un logo orgánico, con tons terrosos, elegante pero non ríxido, que reflicte exactamente esa idea de natureza e seriedade que Sara buscaba.

Lidia Villalón.

Agora mesmo, Itinaya está en fase de preventa a través dunha campaña de crowdfunding en Verkami. O xogo xa está deseñado e conceptualizado, pero falta imprimilo. Se se chega ao obxectivo, as persoas mecenas recibirán o paquete físico; se non, devólveselles o diñeiro.

Sara explica que optaron por esta vía porque “imprimir é caro e o proxecto é moi específico, de nicho, así que queriamos liberdade total para controlalo todo nós”. A campaña vai polo 50% e quedan uns vinte días. Podes apoiala buscando “Itinaya Verkami” ou directamente en verkami.com.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará