Hoxe é Martes 11 de Novembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lucía Ferradanes e Marta Cabaleiro: “A motivación é fundamental para que sigas formándote e atopes un emprego”

emprego

Lucía Ferradanes e Marta Cabaleiro son dúas das cen mulleres que participaron no programa integrado de emprego impartido pola Asociación de Empresarios co obxecto de mellorar a empregabilidade das participantes. A día de hoxe ambas as dúas teñen un contrato de traballo. Valoran moi positivamente a formación recibida neste programa así como a motivación que recibiron e que as animaron a seguir buscando.

Marta Cabaleiro accedeu a esta formación “cansada de enviar currículos durante dous anos sen que saíra nada”. Asegura que este curso que se prolongou durante varios meses lle serviu para coñecer outros sectores e formarse en traballos que descoñecía. Neste sentido apunta que fixo cursos de informática e de sectores como o sociosanitario, a limpeza, o marketing, o ecoturismo… unha formación que te abre a valorar outras opcións

Cabaleiro salienta o traballo de motivación que realizan as monitoras que imparten a formación “insisten en que non cedas, que sigas buscando, que sigas formándote… e todo iso facilita que ao final atopes un emprego”. Lembra que “a casa non van chamar a ninguén” e que estes programas mantéñente no mercado laboral aínda que non esteas traballando.

Lucía Ferradanes Castro contábanos a súa experiencia no programa, ao que chegou co obxecto de seguir formándose para atopar un emprego e acceder ao mercado laboral. Unha experiencia que valora moi positivamente porque lle serviu para ampliar e completar a súa formación e tamén para abrirse

Insiste sobre todo no positivo da formación en canto a búsqueda activa de emprego e anima a todas as mulleres independentemente do seu perfil a achegarse a futuras  convocatorias do programa integral de emprego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará