Hoxe é Xoves 13 de Novembro de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rafael Quintía: “Cómpre reflexionar sobre a deriva das festas patronais e a perda de identidade”

festa reboreda

Foto: Cal3

O antropólogo e escritor Rafael Quintía é un dos poñentes na xornada “Un país en festa” que se celebra este sábado promovida dende a Asociación Alén Nós en colaboración co Concello. Unha actividade que se desenvolverá na Casa da Cultura en horario de 10.00 a 14.00 horas que contará con faladoiros, conferencias e debates co obxecto de abordar a situación das celebracións nas parroquias e promover a convivencia entre a verbena e a tradición popular.

A xornada contará coa presenza do xornalista e divulgador cultural Manuel Gago quen falará de “Territorio, festa e tradición para unha sociedade en cambio” e da etnomusicóloga Beatriz Busto encargada da charla “Entrar a bailar bailando. O papel da música e o baile tradicional nas festas populares”. O terceiro dos conferenciantes é Rafael Quintía coa charla “As festas patronais: cultura e identidade”.

O obxectivo é reflexionar sobre a deriva das festas patronais e como se está perdendo o carácter propio e incluso o carácter galego destas celebracións

Rafael Quintía, antropólogo e escritor

Neste sentido explica Quintía que na actualidade as Comisións de festas están centradas na organización das verbenas e na contratación de grandes orquestras “replicando o mesmo modelo por todo o país e perdendo os trazos máis propios que debería ter a festa na que se celebra a identidade de cada comunidade”.

Avoga por traballar e recuperar aquelas características propias que formaban parte da idiosincrasia de cada parroquia ou de cada vila porque a “festa parroquial debería ser para a xente do lugar, pero entrouse nunha espiral de grandes contratacións que precisan tamén de gran afluencia de público para recuperar o investimento realizado”.

Quintía insiste en que hai xa exemplos de lugares que están a traballar en recuperar esa identidade propia. “Co caché dunha orquestra poderíase sufragar unha festa diferente onde se dea cabida a moitas máis actividades como poidan ser concertos, propostas para os cativos, teatro, actividades lúdico deportivas…”

Unha xornada que busca ser un chamamento a “reflexionar” sobre as celebracións populares e a galeguización das festas patronais das parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará