Hoxe é Venres 23 de Maio de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reunión da Mesa local de Saúde para analizar as carencias e necesidades neste eido en Redondela

Mesa Saúde Local

A Casa da Cultura acolleu a primeira das xuntanzas da Mesa de Saúde na que están presentes unha ducia de entidades e colectivos así como o  Centro de Saúde e o Concello, co obxecto de analizar os recursos existentes e a situación actual e promover unha análise para coñecer as demandas e necesidades que non están cubertas en Redondela.

Na próxima xuntanza, que se celebrará o 20 de maio, analizaranse os resultados e poranse en común as diferentes análises. O diagnóstico farase a través dunha ferramenta que valora como de saudables son as contornas relacionadas cos hábitos de vida (alimentación, actividade física, benestar emocional, cohesión social, sono,…). Desta xuntanza, á que están convidadas asociacións e colectivos, sairán as primeiras propostas de actuación. Os seguintes pasos serán facer unha guía con todos os recursos relacionados coas necesidades prioritarias e deseñar as accións que se van poñer en marcha.

Participaron nesta primeira xuntanza a Rede Galega Promoción Saúde (REGAPS), o Centro sociocomuntario de Redondela, o Centro de Atención a Persoas Maiores, a Asociación Española Contra o Cancro, Cáritas, Asociación de Empresarios, Centro de Día Os Cortizos, Centro de Día Chapela, Asociación de Mulleres Arela, Cruz Vermella, Asociación Lenda, Federación de ANPAS e Centro Cultural de Vilar. Por parte do Concello a alcaldesa, Digna Rivas, e os concelleiros de Sanidade, Alberto Álvarez, e de Servizos Sociais, Iria Vilaboa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará