Hoxe é Venres 23 de Maio de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Lidia Couñago, ‘Orgullo Redondelán’, preparada para o desafío europeo co Ribex

491493210_18502097134010836_3191578761093279187_n

O Club de Patinaxe Ribex de Tui, representado por patinadoras como Lidia Couñago, de Redondela, segue sumando éxitos na súa traxectoria. O pasado mes, o club proclamouse campión galego na categoría de Show Grande e logrou a medalla de bronce en Cuarteto Sénior, obtendo a clasificación para o Campionato de España celebrado os días 12 e 13 de abril no Pavelló Olímpic de Reus.

Neste prestixioso torneo nacional, o Ribex competiu contra 22 conxuntos de alto nivel de todo o país, alcanzando un meritorio cuarto posto na categoría de Show Grande. Este resultado non só reflicte o talento e dedicación do equipo, senón que tamén lles asegurou un pase directo ao Campionato Europeo de Patinaxe Artística, que se celebrará en Zaragoza o vindeiro 24 de maio.

O éxito do Ribex é froito do esforzo colectivo e do compromiso das súas patinadoras, que agora se preparan para deixar o nome de Galicia en alto na cita europea.

Cabe destacar que, a patinadora redondelá Laura Albán, que formou parte do Ribex e competiu con Lidia Couñago no Mundial ‘World Skate Games’ de setembro en Italia, onde remataron en sexto lugar, xa non pertence ao club. Ambas recibiron en outubro de 2024 o recoñecemento “Orgullo Redondelán” do Concello de Redondela, nun acto presidido pola alcaldesa, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Iván Valles, e o de Infraestruturas, Roberto Villar. Rivas eloxiou o seu esforzo para compaxinar adestramentos, estudos e traballo, destacando o seu mérito na elite da patinaxe. A pesar de que Laura Albán xa non está no Ribex, o seu legado e contribucións seguen sendo valorados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará