A cita gastronómica celebrarase os días 4, 5 e 6 de abril en Arcade e confía en repetir a asistencia de público de edicións anteriores nas que se superaron as 30.000 persoas que poderán degustar as ostras a prezos populares. A ducia de ostra custará 10 euros e para acompañar servirase viños albariños de Soutomaior a 12 euros a botella. O pregoeiro desta edición será o humorista, Celso Fernández Sanmartín “Celsiño”.
A enseada de San Simón e un paseo en barco foi o marco elixido polo gobenro local de Soutomairo para presentar un evento gastronómico de exaltación da ostra que se vai celebrar na primeira semana de abril. Viticultores, hostaleiros, concelleiro e o subdelegado do goberno, Abel Losada, participaron da presentación dun programa no que ¡, segundo explicou o alcalde Manu Lourenzo “levamos traballando dende hai meses co obxecto de que esta edición da Festa da Ostra sexa a mellor ata o de agora, poñendo en valor o produto estrela con sabor a mar por excelencia e con esa maridaxe perfecta entre a ostra e o albariño da nosa terra”.
Unha festa cuxo días grandes serán o 4, 5 e 6 de abril coa celebración da cita gastronómica que estará amenizadas o día 4 coas actuacións das orquestras América de Vigo e da París de Noia.
O sábado 5 a apertura das casetas está prevista para ás 12:00h., con pasarrúas de Bassica Rapa e xa pola noite chegarán as actuacións das orquestras Olympus e Kubo e coa tirada de fogos de arteficio ás 00:00h.
O domingo 6 de abril o día arrancará ás 10:00 da mañá co pasarrúas da Banda Artística de Arcade e a Banda Cultural de Arcade dende o Calvario ata o Peirao. As once terá lugar a apertura das casetas e ás 13:00 horas o contador de historias e monologuista, veciños do concello de Soutomaior, Celso Fernández Sanmartín será o encargado do pregón. Xa pola tarde terá lugar a actuación dos “Festicultores Troupe” .
Actividades previas
Con todo, a festa arrancará xa o 28 de marzo cun curso de apertura de Ostras que terá lugar no Obradoiro Luís Seoane en Alxán e cuxas inscricións serán en liña a través da web do concello www.soutomaior.gal do 17 ao 24 de marzo.
O día 29 de marzo o programa “Pensando en ti” da Radio Galega tamén fará o seu especial da Festa da Ostra dende o Multiúsos de Arcade.
A festa continuará o 30 de marzo coa celebración da Carreira Infantil da Ostra onde pequenas e pequenos de 5 anos ou menos (os máis pequenos irán acompañados por un adulto) ata os 14 anos poderán desfrutar desta cita co deporte. As inscricións serán de balde e en liña dende o 13 ata o 23 de marzo na páxina do concello: www.soutomaior.gal
