Hoxe é Luns 28 de Abril de 2025
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas guiadas polo Castelo de Soutomaior para descubrir as camelias e a súa relación coa saúde

camelias

Entre o 11 e o 16 de marzo terá lugar unha nova quenda de visitas guiadas temáticas polos xardíns do Castelo de Soutomaior para descubrir as camelias e a súa relación coa saúde. O vindeiro domingo 16 de marzo tamén lugar un obradoiro de ecoprint para adultos como parte da programación da Deputación de Pontevedra arredor da camelia en Soutomaior, que se completa este mes cun obradoiro de origami e un contacontos para público infantil.
A Deputación de Pontevedra continúa esta semana novas actividades ao abeiro da programación da camelia no Castelo de Soutomaior coincidindo coa temporada de floración deste exemplar que se ten convertido en símbolo das Rías Baixas. Así, durante toda a semana haberá visitas dirixidas a grupos, escolares e particulares que queren descubrir a camelia dunha forma diferente, neste caso explorando as propiedades beneficiosas desta flor na cosmética natural. Cunha duración de 90 minutos e un máximo de 30 persoas por quenda, estes percorridos temáticos teñen lugar de martes a venres ás 16:00 horas e a fin de semana ás 11:00 horas. As visitas para escolares son gratuítas, mentres que as destinadas ao público xeral teñen un prezo de 3 euros e as entradas xa se poden adquirir na web do Castelo de Soutomaior. En todos os casos, as visitas estarán dirixidas por persoal do Castelo, que centrarán o percorrido na floración da camelia, a evolución desta especie e a súa relación coa provincia de Pontevedra.
Ademais, o domingo 16 de marzo o Castelo acolle un obradoiro de ecoprintpara público adulto. A actividade, que terá lugar ás 11:00 horas e ten xa todas as prazas esgotadas, céntrase na estampación inspirada polos herbarios, e os e as participantes traballarán coa composición das plantas, construíndo os seus propios gravados nos que as pegadas destas plantas quedarán selladas sobre láminas de papel ou tela.
Durante este mes de marzoaínda é posible gozar doutras actividades especiais a carón da camelia. Desta maneira, na semana do 25 ao 30 de marzo terán lugar os percorridos temáticos que relacionan a camelia coa literatura, cos mesmos horarios que os desta semana. Ademais, ao obradoiro de ecoprint, seguiralle un de origami “Arte con papel”, que terá lugar o 22 de marzo ás 16:30 horas, e o 23 de marzo á mesma hora desenvolverase o contacontos “Lendas que florecen”, que incluirá relatos inspirados na maxia das camelias e na historia do castelo. Estas dúas actividades están dirixidas ao público infantil, a partir dos 3 anos de idade, e teñen un prezo de 8 euros por persoa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará