Hoxe é Venres 8 de Maio de 2026
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior recibe 383.000 euros para a humanización do centro de Arcade

depu souto

O organismo provincial corrixe así erros do anterior goberno da Deputación quen excluíra esta localidade das axudas do Plan REACPON malia ter presentado “en tempo e forma” o proxecto de humanización da Praza de Cimadevila á Rúa Rosalía de Castro, en Arcade.

A Deputación de Pontevedra acaba de activar os mecanismos para abonar ao Concello de Soutomaior preto de 383.000 euros para emendar o erro do goberno provincial anterior que excluíu á localidade das axudas do Plan REACPON. Deste xeito, o goberno de Luis López acaba de asinar a resolución de pago en beneficio de Soutomaior para o proxecto de humanización da Praza de Cimadevila á Rúa Rosalía de Castro, en Arcade.

A contía que acaba de aprobar o actual goberno da Deputación de Pontevedra para Soutomaior e que ascende a preto de 383.000 euros inclúe o importe da subvención, por valor de 350.000 euros, máis o importe dos xuros legais calculados desde a data na que debeu concederse, que superan os 33.000 euros.

Soutomaior tiña presentado en xullo de 2021 ao Programa de Infraestruturas e Dotacións Singulares para a Recuperación post covid-19, Reacciona Pontevedra Provincia (Plan REACPON) esta actuación, cumprindo en tempo e forma os requisitos establecidos nas bases da liña de axudas. Sen embargo, o goberno provincial de socialistas e nacionalistas encabezado por Carmela Silva denegou a concesión da axudas e o concello quedou excluído destas subvencións.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará