Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP critica que o goberno exclúa “proxectos estratéxicos” do programa de investimentos da Deputación

javier bas+ luis lopez

Os populares esixen o impulso dun Auditorio, o pavillón de Chapela, a pista de Atletismo, o paseo de Cesantes e a Praza de Abastos tras seren excluídos polo goberno do Plan Extra. Lamentan que o Concello non aproveitase a “oportunidade histórica” deste plan de investimentos da Deputación para avanzar nos “proxectos estratéxicos que merece o cuarto concello da provincia” e o adique a unha humanización máis acaída para outros fondos.

Os populares lamentaron, tras ter acceso ao expediente do proxecto presentado ao programa de Investimentos do Plan Extraordinario da deputación, que o bipartito non aproveitase a oportunidade histórica de acceder ao chamado Plan Extra para acometer obras de relevancia no concello e que se limitase a “cumprir o expediente” concorrendo cunha humanización dunha rúa que se debería acometer co anual Plan +Provincia ou con moitas outras liñas de axudas.

O concelleiro popular Javier Bas entende que o goberno local debía ter aproveitado para solicitarr obras como un auditorio de gran  capacidade ou o demandado pavillón de Chapela. Tamén que a pista de atletismo nunca apareza nos plans malia a reclamación de clubes e deportistas, sen seguir o exemplo doutros municipios como Ponteareas que si a promoven desde o Plan Extra, que o paseo da praia de Cesantes siga sen impulsarse como debería ou que a necesaria reforma da Praza de Abastos “concorra unha e outra vez a fondos estatais e sempre tropece na ineficacia e ata as irregularidades do executivo na presentación do proxecto”.

Finalmente, Javier Bas tamén criticou a “ineficiencia” do Concello por “non espremer ao máximo os fondos e as posibilidades deste plan provincial, xa que, de ser seleccionada a iniciativa de Redondela, deixaranse de investir máis de 400.000 euros sobre as partidas potenciais máximas”. Asegurou que Redondela podería optar a unha achega de ata 1,1 millóns de euros e limitouse a pedir 690.101 euros “nunha mostra máis da cativez política”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará