Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto solidario en Chapela a favor dos afectados pola Dina de Valencia

banda chapela

A Banda de Música de Chapela celebra o día de Santa Icía cun concerto solidario que terá lugar o sábado 30 ás 19:00 horas no Multiúsos do Piñeiral en Chapela. Unha actividade que busca recadar fondos destinados á compra de instrumentos para as Bandas de Música afectadas polas inundacións de Valencia.
A recadación solidaria realízase de forma voluntaria a través do público asistente coa venta de rifas para un sorteo, xa que a entrada ao concerto será libre ata completar aforo. Tamén existe unha fila cero, onde se pode ingresar os donativos, no Nº de conta ES45 3159 0078 5630 4840 6023 co código bizum 10542. O diñeiro recadado será entregado a federación de Bandas de Música da comunidade autónoma de Valencia,
Este novo concerto da Banda de Música de Chapela, en colaboración coa banda da escola e os músicos recentemente incorporados, leva como título “Música de Terror en concerto” con pezas que contan a historia de mitos e tradicións galegas como o Samain, Santa Compaña, ou a típica Queimada…. entre outros. O nacemento destes mitos e tradicións daranse a coñecer ao público asistente ,a través dun narrador que ira desvelando durante o concerto cada unha das historias que deron lugar ao seu nacemento.
A cita para este novo concerto da Banda de Música de Chapela será o vindeiro sábado día 30 ás 19:00 no auditorio do multiusos de Chapela con entrada libre ata completar aforo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará