Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A oposición tomba a Axenda Urbana proposta polo goberno local para acceder a fondos europeos

pleno axenda

A debilidade dun goberno en minoría volveu quedar patente no debate de onte no que os votos en contra de PP e BNG impediron ao bipartito sacar adiante a Axenda Urbana de Redondela, un documento elaborado por una empresa técnica co obxectivo de planificar proxectos e investimentos para poder optar a axudas e subvencións europeas para a súa implementación. Malia que tanto PSOE como AER defenderon a necesidade de que se aprobase esta “folla de ruta” que debería marcar as melloras necesarias do municipio ata o 2030, non lograron os apoios suficientes para a súa aprobación.

A Axenda urbana de Redondela recolle unha serie de actuacións en diferentes ámbitos estratéxicos para facer posible que estes proxectos sexan incluídos nas axudas europeas que se convoquen nos próximos anos. O documento, elaborado por un equipo técnico chegaba onte a pleno para a súa aprobación. Entre as actuacións previstas estaría a posta en marcha de sistemas de iluminación eficiente, rehabilitación do patrimonio, dinamización do comercio local ou melloras na atención á cidadanía.

Elaborado pola empresa de consultoría Khora Urban Thinkers, adxudicataria da licitación, esta Axenda Urbana debía servir para preparar a candidatura ás axudas de fondos europeos para proxectos de investimentos relativos ao desenvolvemento urbano sostible do municipio.  

Así o explicaba o edil de urbanismo, Antonio Cabaleiro quen falaba “dunha folla de ruta para continuar coa transformación do noso concello iniciado anos atrás”.

Antonio Cabaleiro, PSOE

Roberto Villar salientaba tamén a relevancia do documento que vai “marcar o rumbo que vai seguir o noso concello” e que está por riba dos intereses partidistas xa que está pensado a medio prazo para que se leve a práctica independentemente de quen goberne no futuro.

Roberto Villar, AER

O BNG falaba de “documentazo” ao referirse a  este informe pero lamentaba que na súa elaboración se cometan erros de envergadura “xa que non está adaptado a realidade do país e contén datos erróneos”. Criticaba tamén que o crecemento económico estea centrado unicamente no Camiño de Santiago cando Redondela non está preparada apra recibir tantos visitantes e debería buscar outras alternativas para crear riqueza e asentar poboación.

Xoán Carlos González, BNG

Xoán Carlos González explicaba o voto en contra do seu grupo porque o documento non recolle un  desenvolvemento harmónico do concello, centrándose unicamente en recoller as propostas programática de PSOE e AER.

Os nacionalistas explicas o seu voto en contra

Tamén os populares votaban en contra por entender que non se explicara suficientemente aos veciños e a súa elaboración fora pouco participativa.

Julio Mougán, PP

Lamentaba Antonio Cabaleiro que a oposición non apoiara un documento que serviría para acceder a subvencións europeas que xa se teñen acadado en anos anteriores e que permitiron facer obras importantes como a remodelación da Praza de Ponteareas, a Alameda Rosalía de castro, ou o skate park de Chapela. Criticaba especificamente ao PP “que só busca poñer paus nas rodas a este goberno”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará