Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Comercio local tamén se suma ao Black Friday

empresarios

26 comercios de Redondela anuncian, a través da Asociación de empresarios, descontos e rebaixas de cara aos vindeiros días venres 29 e sábado 30 co gallo da celebración do Black Friday.

A agresiva campaña de descontos que supón o Black Friday, importada dende os Estados Unidos e que dende hai uns anos se ten asentado no noso territorio especialmente nas grandes superficies e grandes marcas tamén ten a súa repercusión no comercio local. Malia que moitos establecementos do pequenos comercio non comparten a filosofía da data porque entenden que estes descontos poñen en perigo a campaña de Nadal, outro optan por sumarse ao carro ofrecendo rebaixas e ofertan nun día que se ten convertido nunha data sinalada no ámbito comercial.

No caso de Redondela, e baixo o paraugas da Asociación de empresarios, un total de 26 comercios ofrecen dúas xornadas de rebaixas con descontos en torno ao 20% podendo chegar nalgúns casos ao 40% ou promocións especiais ás que os clientes poderán ter acceso este venres 29 e sábado 30. A maior parte dos participantes son comercios de moda e calzado, pero tamén se suman á iniciativa librerías e ópticas que ven nesta data unha posibilidade de atraer ao cliente colgando o cartel de rebaixa.

Malia que esta tradición importada se ten asentado en gran parte do comercio local, hai algunhas tendas que se seguen resistindo. Ademais a procentaxe dos descontos varía moitos dependendo do tipo de comercio.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará