Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Raky: “O obxectivo do CD Cesantes é entrar en fase de ascenso”

WhatsApp Image 2024-11-12 at 17.56.45

A incorporación de Raky como novo adestrador do CD Cesantes parece que está dando froitos e continúan a senda da vitoria, tres delas consecutivas nesta metade da primeira volta da liga. Sitúanse de quintos na táboa en Terceira Galicia e, a pesar de ser un equipo de recente creación, o técnico asegura que teñen moitas posibilidades de achegarse ao ascenso.

A última vitoria foi na casa contra o Barro, cun resultado de cinco fronte a un. A un minuto de comezar o partido marcaban o primeiro gol que foi seguido de outros dous en 15 minutos. O rival meteuse na portaría dos locais no minuto 75, nun momento de relaxación no que xa tiñan o partido gañado.

“Hai días que non estamos moi acertados” Sinala Raky. Sen embargo vanse coñecendo no terreo de xogo e cada vez van a mellor.

O corpo técnico está conformado por Raky, como primeiro adestrador, e Tino como delegado. O novo preparador conta con 25 anos de experiencia e ambos traballaron xuntos en moitos equipos da contorna, tanto en rexional como coa base. Pasaron pola Agrupación Xuvenil do Lérez na división de honra de cadetes e o CD Soutomaior, entre outros.

“Tamén estiven no Figueirdo e levo moitos anos na liga rexional, despois dun parón que fixen para adestrar á base”, Raky.

Raky levou ao ascenso ao Combarro de Terceira a Segunda hai tres anos, o mesmo obxectivo que expón co CD Cesantes.

“O noso obxectivo este ano é meterse en fase de ascenso, pero a ambición é grande”, Raky.

O equipo está composto por 22 xogadores, sendo un 95% deles da propia parroquia. Algúns xa xogaron xuntos o ano pasado, outros incorporáronse esta tempada e, como é habitual, se nutren do xuvenil que é gran apoio para o sénior.

Entre as necesidades que denuncian dende a directiva é o mal estado do Campo de A Gándara no que adestran, pois está xa moi deteriorado a pesar terse reformado a penas fai cinco anos atrás. Entre outras cousas, as ondulacións no céspede e o desprendemento do xabre por mor das choivas chegaron a provocar algunha lesión nos xogadores. O técnico advirte do “perigo que supón a situación actual do terreo de xogo” e fai un chamamento ao Concello de Redondela para facerse cargo do mantemento.

“A semana pasada no adestramento un xogador acabou cun esguince tremendo polo estado do campo”, Raky.

O próximo domingo visitan ao C.E.D. Cotobade , rival directo a un punto dos de Cesantes e situados na cuarta posición. Un partido difícil que loitarán con forza para conseguir o obxectivo de chegar á fase de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará