Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As mozas do Campito Chapela invictas no que vai de liga

DSC02975

O equipo sénior feminino do Campito Chapela continúa liderando a liga no primeiro posto con seis partidos gañados e un empatado dos sete xogados neste comezo de tempada.

CAMPITO CHAPELA F.S. –  PECHECHES FS  (8-1)

O último partido gañado tivo lugar esta fin de semana na casa contra o Pecheches FS e o resultado foi de oito fronte a un.

 Esta é unha ampla vitoria que reflexa o nivel das de Chapela. De momento non perderon ningún partido e suman seis vitorias e un empate que as sitúa de primeiras na clasificación con 19 puntos. A próxima xornada teñen un partido interesante que xogarán contra as terceiras do grupo, as mozas do Barro CF. Se todo sigue así, todo apunta a un ascenso.

Goleadoras: Irene (6’, 19’, 31’ e 43’), Sabela (22’), Eva (35’), Elva (47’).

Primeira Autonómica

AREALONGA FS CHAPELA   – C.V.C. VALLADARES  (1-2)

Non tiveron tanta sorte as mozas do sénior feminino do Arealonga FS que xogan nunha liga superior. Levan catro partidos e suman unha vitoria e tres derrotas que as sitúa de segundas pola cola na táboa xeral . Este domingo caían na casa contra o Valladares. A próxima xornada visitan o Poio Pescamar FS “B”, líder da categoría.

Goleadora: Lucía (37′).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará