Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Os ánimos están caldeados”, os policías desprazados a Valencia explican como está a situación en Benetússer

benetússer vehículos

Os voluntarios da policía local de Redondela levan cinco días en Benetússer colaborando en diferentes labores vinculadas principalmente coa seguridade cidadá nunha localidade que se atopa na zona cero da DINA. A situación mellora en canto á limpeza e o restablecemento dos servizos públicos, pero logo de dez días vivindo en situacións extremas a tensión medra entre os veciños.

Ao longo desta semana a situación na rúa mellorou: xa está restablecido todo o subministro eléctrico, o alumeado público funciona pola noite e as vivendas xa teñen auga corrente. Tamén se está traballando moito na limpeza das rúas e retirada de cascallos. Apunta obdulio Iglesias que o temor agora é que a lama se reseque nos sumidoiros e que provoque unha obstrución nesas tubaxes co conseguinte problema sanitario.

Con todo tamén apuntan que a situación tan catastrófica na que viven os veciños desta localidade fai que “os nervios estean a flor de pel” e estamos notando que nalgúns casos “a xente está comezando a perder a paciencia e a solidariedade estase convertendo en malestar e cabreo que algunhas veces tradúcese en enfrontamentos e discusións”. Así nolo explicaba o xefe da policía local de Redondela, Xosé Delmiro Pampillón.

Unha tensión xerada pola propia situación que levan arrastrando os últimos dez días e que se agrava pola características propias desta localidade, unha das 68 afectadas pola DINA, que ten unha densidade de poboación semellante á de Tokio, un pequenos territorio que alberga 17.000 habitantes.

O traballos deste axentes céntranse non só en mediar cando se dan eses episodios de tensións entre a veciñanza senón tamén en sinalizar zonas peonís e acompañar aos efectivos de AXEGA que están a traballar na limpeza das rúas, coordinando voluntarios e sobre todo, apoiar a propia policía local de Benetússar que quedaron sen ningún tipo de material xa que tanto os vehículos como as armas desapareceron coa riada.

Explican tamén que está sendo complicado para as autoridades xestionar a enorme cantidade de vehículos estragados que hai nas rúas e a necesidade de habilitar espazos parra almacenar eses coches. Tamén se están dando situacións sorprendente como a aparición de “guindastres piratas” que están intentando facerse cos vehículos de alta gama que están abandonados na zona.

Os axentes tiñan previsto regresar este venres pero decidiron prolongar a súa estancia ata principios da semana que vén logo de que así llo solicitasen os mandos policiais de Benetússer. Con todo aseguran que aínda quedan moitos meses de traballo ata que estas localidades volvan á normalidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. Moi ben representada a nosa vila con estes dous policías locais! O que non se entende é precisamente o que apunta Odulio, da lama nos sumidoiros e dia tras dia vemos nas televisions veciños e voluntarios botandp a lama nos sumidoiros. O que ven a demostrar que algunhas veciñas e voluntarios non estan preparados para resolver as mais basicas labores en situacion de emerxencia e carecen de sentido comun. Porque é loable ter gañas de colaborar, pero non podemos pensar que todo vale. Hai que deixarse coordinar por quen se adica a tarefa que se pretende desempeñar. O mesmo está a pasar co lixo e enseres, que os botan a rua sen coordinacion nin control e atrancan ruas xa despexadas impedindo o acceso aos servizos públicos e creando problemas de salubridade. O desastre non é só a DINA, senón constatar que algunha xente non esta preparada e mais ben dificulta o traballo de quen quere restablecer a normalidade e a convivencia social.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará