Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños contra o parque eólico de Coto de Eiras que afectará a Fornelos, Pazos e Redondela

WhatsApp Image 2024-11-05 at 18.56.09

O Parque Eólico Coto de Eiras afectará aos residentes en A Lama, Fornelos de Montes, Mondariz, Pazos de Borbén e Redondela, non só pola instalación dos aeroxeradores, senón porque o proxecto está fraccionado e a Liña de Alta Tensión vinculada vai ocupar ao redor de 15 quilómetros de monte para poder chegar á central instalada en Nespereira.

Componse de 10 aeroxeradores xigantes, modelo Cypress 158 de General Electric, con potencias de 4,80 MW, que pretenden instalar nos concellos mencionados, en plena Serra do Suído. Para a enerxía eléctrica que produce expoñen un proxecto de alta tensión desde Fornelos de Montes ata a central de distribución que hai en Pazos de Borbén. Enrique  Cameselle, veciño afectado de Pazos, explica quetamén afectará ao Concello de Redondela porque inevitablemente a liña de evacuación pasa por Nespereira e toca parte de Reboreda. CORTE Eólicas Pazos Redondela

 “O intento de fraccionar o proxecto é un engano para dificultar a paralización do parque” , Enrique Cameselle.

A presentación de alegacións rematou e segundo os datos facilitados polo Concello de Pazos de Borbén tramitaron un total de 276 alegacións en contra dos parques eólicos e da liña de alta tensión, sen embargo Enrique Cameselle veciño afectado sinala que “a cifra é moito máis alta, xa que ese reconto era unha primeira acehga”. Conseguiron reunir entre grupos de veciños 463 alegacións facendo un traballo de campo exhaustivo e achegando a información casa por casa para involucrar ao maior número posibles de afectados . Tamén fixeron alegacións propias e específicas porque consideran que “as xenéricas están cheas de erros e nin sequera  aportan con exactitude o número catastral da finca afectada” , sinala o veciño de Pazos.

“Collimos a lista de afectados e achegámonos a eles un a un”, Cameselle.

O parque eólico de Coto de Eiras conta coa preceptiva declaración ambiental favorable por parte da Xunta. O proxecto está impulsado pola empresa Puentengasa e a tramitación xa ten un amplo percorrido que pode ser freado polas alegacións xa presentadas por parte de colectivos e particulares. Fixeron un esforzo inmenso para que a súa defensa non quedara no baleiro, porque segundo explica Cameselle “estudando experiencias anteriores con este tipo de procesos burocráticos  se hai moitas alegacións similares as ventilan rapidamente”. Pon como exemplo a falta de estudo ambiental en Pozo Negro, fraga de gran riqueza natural polo que cruza a senda da Levada de Casqueiros ou a carballeira de Os Cubelos.

“Por onde pasa a liña afecta directamente a todo Pazos de Borbén e algunhas casas están a menos 100 metros”, Cameselle.

Reclaman que se cumpran todas as normativas vixentes e que se tomen as medidas necesarias para evitar o impacto tan negativo como pode ser a perda do control sobre o territorio do común, destrución irreversible da paisaxe, sombras intermitentes sobre as casas ou o constante ruído de fondo día e noite.

Enrique Cameselle sobre a reunión coa empresa encargada da construcción do proxecto.

Co fin de contribuír a concienciar sobre os efectos que tería a instalación do parque eólico Coto de Eiras, que ameaza a Serra do Suído os grupos afectados, Comunidades de Montes e colectivos – Plataforma en Defensa do Sur dá Dorsal ou SOS Suído Seixo– están traballando en reunións e accións conxuntas que anunciarán proximamente para continuar co proceso de paralización do proxecto ante os tribunais.

Entrevista completa a Enrique Cameselle.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará