Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior aproba un incremento de 40 euros no recibo do lixo

IMG_9781 (1)

O alcalde Manu Lourenzo argumenta o incremento ante a suba do canon a Sogama, que supón que o Concello terá que pagar 108 euros por tonelada fronte aos 78 euros que pagaba ata o de agora. Anuncia bonificacións ás familias que o precisen e a aquelas persoas que reciclen.
O pleno de Soutomaior aprobou este martes a nova ordenanza de lixo proposta polo Goberno local, e coa que se pretende facer fronte ao taxazo de Sogama imposto pola Xunta para dar cumprimento á normativa europea e estatal do tratamento de residuos. A nova ordenanza, que establece bonificacións para as familias e persoas que leven a cabo boas prácticas de reciclaxe, saíu adiante co voto a favor do Goberno de Soutomaior e a pesar do voto en contra do PP de Soutomaior.
O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, sinalou que “co taxazo de Sogama imposto pola Xunta, a veciñanza de Soutomaior paga as consecuencias de que o PP optase no seu día por un modelo de tratamento de residuos altamente contaminante e contrario as directrices que marca Europa”. A normativa europea, que ten a súa transposición na Lei de residuos do Estado español, establece que a queima de residuos que practica Sogama non pode considerarse un tratamento sostible e polo tanto terá que pagarse sen ningún tipo de subvención ambiental. Esta suba, que se aplicará de maneira retroactiva a partir de xaneiro de 2025, suporá que a veciñanza de Soutomaior terá que pagar unha media de 40 euros nos recibos do lixo da veciñanza de Soutomaior.
Unha normativa que obriga a repercutir nos usuarios o custe do tratamento do lixo e que entra en vigor en abril de 2025, coincidindo ademais neste concello coa nova concesión do contrato do servizo de recollida do lixo que ata o de agora realizaba a empresa Urbaser. O actual contrato con Urbaser levaba vixente dende hai 20 anos, o prazo rematou e agora hai que sacar unha nova licitación. Por cuestións obvias –engade Lourenzo “os prezos de 2025 van ser superiores aos do ano 2005 e se a isto se lle engade o taxazo de Sogama, estamos ante un incremento exponencial dos custes”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará