Hoxe é Xoves 5 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espaço Vivo presenta a programación de novembro con concertos e gastronomía vegana

Espaço_Vivo

Espaço Vivo é unha sociedade cooperativa galega nada para como un proxecto de economía circular baseado no agro e na cultura do noso país. Ten como obxectivo promover unha mestura entre a agricultura, as artes e a gastronomía vegana.

Contan cun centro de produción hortícola propio e unha pequena sala para o procesado e elaboración dos produtos e a súa degustación situado no Camiño do Fixón 64 . Ofrecen menú degustación con reserva previa de mércores a domingo en horario de xantar e cea, aderezado os fines de semana con actuacións en directo. Dende a cooperativa, Serxio Crespo anima á xente a “achegarse e coñecer os produtos de proximidade e tempada e apoiar así as pequenas produtoras locais”, pero tamén a gozar dos concertos “íntimos e especiais” e as exposicións que programan para dar a coñecer a artistas locais e internacionais. Unha iniciativa única en Redondela que levan con agarimo e paixón pola nosa terra. Dispoñen de amplo terreo e espazo de xogos habilitado para as crianzas, así como aseos adaptados.

O primeiro concerto de novembro terá lugar este venres 1 de novembro da man de Wilson Saliwonczyk, “pallador arxentino” que mestura a regueifa coa guitarra e que caracterízase por ter unha mensaxe social reivindicativa dedicada por e para o pobo. 

“Wilson conecta moito co pobo”, Serxio.

O 10 de novembro contan coa presenza de Luismi Partera (Cádiz) en sesión vermú. Un cantautor gaditano con influencias poéticas que pasan por Lorca ata Silvio Rodriguez e mesmo Vetusta Morla no seu lado máis pop.

“Luismi é unha persoa moi unida a Galiza con moita calidade e recoñecido en moitos lugares”, Serxio.

Su-Min (Corea-Alemaña) trae o seu proxecto experimental a Espaço Vivo o 16 de novembro, cunha proposta envolvente que non vai a deixar a ninguén indiferente.

“Unha artista con moita sensibilidade que fará un espectáculo intimista e real”

Lula Mora son un dúo de indie-folk formado por unha galega e unha canaria e chegarán a Redondela o domingo 24 de novembro pechando a programación de Espaço Vivo para este mes. Sara, cambadesa, e Silvia, tinerfeña, crean música de autor co galego como un dos seus símbolos.

“Son unha proposta nova, pero con moita calidade”, Serxio.

A programación de Espaço Vivo é para público reducido, polo que se precisa de reserva previa cun mínimo de catro horas de antelación no teléfono 622193026 ou no enderezo electrónico artenaleiragz@gmail.com. Ofrecen unha experiencia única na que o público comparte espazo e mesa cos artistas para xerar sinerxías entre distintas culturas e degustar gastronomía ecolóxica feita con agarimo e moita imaxinación.

HORARIO DE MÉRCORES A DOMIGO para xantar ou cear: 13:30 horas  a 15:00 horas e 20:00 horas a 22:30 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará