Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG celebra o acordo co PSOE para a remunicipalización do servizo do lixo

bng

Os nacionalistas, tal e como adiantaron no pleno celebrado onte, lograron pechar un acordo co PSOE de cara a recuperar a xestión pública do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos. Unha remunicipalización que será efectiva no ano 2027 unha vez remate o contrato con Urbaser, a actual concesionaria do servizo.

O voceiro do BNG, Xoán Carlos González,  destacou que “a remunicipalización do servizo de recollida de lixo non só suporá unha mellora nas condicións laborais das e dos traballadores, senón tamén prestar un servizo de maior calidade e máis sostible para a veciñanza de Redondela.” Este proceso permitirá un maior control sobre a xestión e destinar os recursos directamente ao benestar dos veciños e veciñas, prescindido dunha empresa privada como neste caso é Urbaser “que leva anos priorizando os seus beneficios por riba das necesidades de Redondela”.

Lembra González que durante os últimos 20 anos o servizo estivo en mans dunha concesión privada, cun custo elevado e múltiples deficiencias denunciadas que incluso chegaron a expedientes sancionadores.  O BNG  recollía no seu programa electoral a remunicipalización deste servizo público e,  tras intensas negociacións co PSOE, logra reverter a situación e devolver o servizo ao control municipal.

Xoán Carlos González, BNG

O primeiro paso neste camiño será a “inclusión na RPT do 2025 os postos de traballo relacionados coa recollida do lixo”. Un acordo polo que se amosan “moi satisfeitos porque demostramos que somos unha oposición construtiva que, a través da firmeza somos quen de arrancarlle ao PSOE oc compromiso de remunicipalizar este servizo básico” e que con este acordo “o concello de Redondela camiñará cara un modelo de xestión 100% pública que permitirá tamén desenvolver novas políticas para a redución de residuos e o aumento da reciclaxe pensando na transición ecolóxica para unha Redondela máis verde e sostible”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará