Hoxe é Luns 9 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Faladoiro sobre o novo modelo urbano en Soutomaior

souto proxecto principal

O alcalde de Soutomaior Manu Lourenzo explicará á veciñanza a proposta do goberno local para a humanización da N-550 ao seu paso por Arcade. O acto terá lugar ás 20:30 horas no Multiusos de Arcade e xunto co alcalde participará a senadora do BNG en Madrid, Carme da Silva, e o tenente de alcalde de Tomiño Uxío Benítez.

O acto ten lugar despois de que o Goberno de Soutomaior presentara ao director xeral de Carreteras, Juan Pedro Fernández Palomino a proposta de humanización para este tramo da estrada nacional que atravesa Arcade e que contempla a creación dunha vía verde que persegue un modelo urbanos máis amable, moderno e accesible.

A senadora Carme da Silva explicará o traballo feito polo BNG en Madrid para conseguir a reunión entre o Goberno local e a dirección xeral de Carreteras, e a importancia de que Galiza e Soutomaior teñan voz propia en Madrid. Pola súa parte, Uxío Benítez, un dos grandes artífices do proceso de transformación urbana de Tomiño, falará precisamente de como foi ese proceso e cales son os seus beneficios para a veciñanza, converténdose en marca indiscutible do modelo de ‘concello BNG’.

En canto ao alcalde, Manu Lourenzo explicará aos veciños e veciñas máis polo miúdo esta proposta e o traballo que se realizará nos vindeiros meses así como unha estimación dos prazos para esta actuación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará