Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello prevé repartir 741.000 euros en subvencións

subvencines

As diferentes áreas do goberno local de Redondela reparten un total de 741.000 euros en axudas a diferentes asociacións, colectivos e entidades sociais. A partida máis importante é a destinada ás subvencións nominativas con preto de 320.000 euros que beneficiarán a colectivos como Lenda, Andaina, Afaga Alhzéimer ou Xente Titiriteira, entre outros. O goberno local destaca tamén os 200.000 euros que a concellería de deportes destinará a un total de 25 clubs do municipio. As subvencións inclúen tamén achegas do departamento de Servizos Sociais para familias en situación de vulnerabilidade.

A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que é un compromiso do seu goberno“apoiar a importante labor que están a realizar as diferentes asociacións e entidades enbeneficio da veciñanza redondelá en ámbitos como o social, o cultural ou o deportivo”.

A partida máis importante é a das subvencións nominativas, que este ano se incrementou dos 248.000 ata os 319.500 euros para un total de 21 asociacións e colectivos. Na relaciónde entidades beneficiarias hai tres novas, que son a Asociación Cultural e Deportiva de Rande pola celebración da Batalla de Rande (22.000 euros), a Fundación Érguete (10.500euros) e o CCD Cesantes pola organización da Bandeira Feminina Cesantes (9.000 euros) .Outros nove colectivos incrementan a subvención recibida con respecto ao ao pasado: a Asociación Española Contra o Cancro, Lenda, Andaina, AFAGA Alhzeimer, Millo Verde, ACSChapela Escola de Música, a Asociación Xente Titiriteira, a Confraría de Pescadores San Xoán e a Asociación de Empresarios de Redondela.

As subvencións da concellería de Deportes suman un total de 200.000 euros para o presente exercicio, unha cantidade da que se benefician un total de 25 clubs do municipiode máis de 10 disciplinas deportivas diferentes.

Desde a concellería de Participación Cidadá subvenciónanse con 64.000 euros aos centros culturais parroquiais e o departamento de Servizos Sociais destina 40.000 euros para a subvención do comedor escolar ás familias que o precisen e outros 10.000 euros para actividades que realicen asociacións e colectivos. Por outra banda o departamento de Igualdade subvenciona con14.000 euros actividades para a promoción da muller e da igualdade.

Por outra parte, a concellería de Infraestruturas e Sostibilidade achega subvencións ás Comunidades de Augas das parroquias do municipio por un importe total de 30.000 euros e a concellería de Ensino subvenciona con 30.000 euros ás ANPAS para a xestión dos comedores escolares e outras actividades.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará