Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As redondeláns Laura Albán e Lidia Couñago celebran o éxito no mundial de patinaxe

461169068_18140085208357513_3083460851017371370_n

Laura Albán e Lidia Couñago forman parte do Grupo Show Grande do Ribex de Tui que fixo historia na entidade ao alzarse co bronce no Campionato de España de Patinaxe artística. Con este logro conseguiron o pase ao  Mundial ‘World Skate Games’ que se celebrou en Italia durante a primeira quincena de setembro.

As patinadoras e patinadores tudenses recolleron a primeira medalla de categoría estatal na traxectoria do club gracias á coreografía ‘Carpe Diem’ na súa modalidade, dentro do Campionato de España que concluíu en Santander. O conxunto que dirixen Santi Alonso e Carolina Figuero asinou unha puntuación de 32.69. Por diante, o Xirona (37.44) e o Olot (40.86). O Ribex converteuse no único conxunto non catalán en subirse a algún dos tres podios. As outras oito medallas foron para Catalunya, o que evidencia o seu dominio da disciplina en España.

Os World Skate Games Italy 2024 celebráronse do 6 ao 22 de setembro, cunha participación estimada de máis de 12.000 persoas entre atletas, adestradores e delegacións de 100 países de todo o mundo e unha presenza prevista en Italia de decenas de miles de afeccionados de todo o mundo. Ademais de Patinaxe Artístico tamén houbo competición de Hockey en patíns, Hockey en liña, Patinaxe de Velocidade, Skateboarding, Scootering ou Downhill entre outros.  O Ribex de Tui participou concretamente o sábado 21 de setembro na categoría de Grupo Show Grande, onde foron a única representación galega na súa modalidade.

Enfrontáronse a 11 clubs de España (3), Italia (3), Portugal (2), Holanda (2) e Francia (1). Dende a directiva valoran moi positivamente a experiencia ao alcanzar un meritorio sexto posto coa coreografía ‘Carpe Diem’.

Este evento dinámico ten como obxectivo poñer en valor os deportes sobre rodas. Cada vez máis en auxe e atractivos para a mocidade e como se demostrou durante os Xogos Olímpicos, onde o skate estaba entre os deportes máis populares en canto a audiencia nas redes sociais.

Resultados en Patinaxe Artística

O CPA Olot, en Grupos Show Grandes, e o Artistic Skating Cunit, en Cuartetos Sénior, proclamáronse campións do mundo nos World Skate Games de Italia 2024.

O CPA Olot logrou o seu 15º título mundial e o Cuarteto Vortex do Artistic Skating Cunit, o seu 2º consecutivo para sumar dous novos ouros para a delegación española.

Ademais, en Grupos Grandes, o CPA Xirona colgou a medalla de bronce e o CPA Ribex terminou en sexto lugar.

Pola súa banda, o Cuarteto Clover do ASPA Lliçà de Vall foi quinto do mundo.

A delegación española de Patinaxe Artística conseguiu un total de 7 ouros, 2 pratas e 6 bronces.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará