Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vilar amosa o seu rexeitamento ao polígono de Mos-Redondela polas súas afeccións na parroquia

polígono

As asociacións de Vilar están en fase de elaboración de alegacións contra o parque industrial de Louredo, actualmente en período de exposición pública, e que contempla a ocupación dunha superficie de 400.000m2, principalmente no concello de Mos pero con afeccións tamén en Saxamonde e Vilar. Dende esta última parroquia rexeitan este polígono que “carece de interese público” e que, pola contra, tería un importante impacto pola proximidade aos núcleos de poboación e causaría graves danos no medio ambiente polo que avogan pola súa eliminación. Instan ao Concello a sumarse as súas demandas.

José Manuel lago, veciño de Vilar

José Manuel lago, un dos portavoces dos colectivos veciñais, insiste nos prexuízos en diferentes ámbitos. Así, en canto a mobilidade lembra que para dar acceso ao parque sería necesario realizar unha gran actuación na N-550, coa construción dun paso elevado que necesitaría de muros e ampliación da vía con afeccións ás propiedades colindantes.

Salienta tamén outras moitas cuestións que teñen previsto recoller nas súas alegacións contra este proxecto como o impacto negativo que terá sobre un ben inmaterial como é o Camiño de Santiago, sobre o patrimonio natural e arqueolóxico e insiste, sobre todo, en que non hai demanda real de solo industrial que xustifique unha obra destas características.

Lago entende que este parque pertence a un modelo xa desfasado que pretendía que cada concello contara cun parque industrial “a tendencia actual é crear grandes áreas para ser máis competitivos e non que cada concello conte co seu polígono”. Lamenta que “un interese político e non unha verdadeira necesidade de solo industrial sexa o que está detrás deste proxecto que non ten sentido e vai provocar moitos prexuízos”.

Instan ao concello de Redondela a posicionarse ao carón dos veciños e presentar as alegacións correspondentes en tempo e forma para tentar frear este polígono “sen interese público e que pretende instalarse nun lugar non que non é axeitado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará