Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela renova medio cento de marquesiñas e confía en que o novo diseño evite os actos vandálicos

marquesiñas

As novas paradas de autobús locen paneis informativos e carteis sobre igualdade, patrimonio, cultura e medio ambiente dos últimos 20 anos.

A concellería de Infraestruturas e Sostibilidade, en colaboración coas de Igualdade e Cultura, está a renovar e mellorar medio cento de marquesiñas do municipio. A actuación consiste na súa limpeza e pintado para, a continuación, decorar esas paradas de autobús con paneis informativos sobre diferentes temáticas.

O concelleiro de Infraestruturas, Roberto Villar, explica que “os carteis corresponden a diferentes épocas, desde os últimos 20 anos, que se atopaban nos almacéns municipais e aos que agora damos unha segunda vida e ofrecemos información interesante á veciñanza ao tempo que decoramos as marquesiñas”. Campañas sobre o 8M, personaxes ilustres de Redondela, artistas locais ou paneis con información medioambiental decoran agora estas renovadas marquesiñas.

Villar agarda que, con esta nova decoración, se eviten as pintadas e o vandalismo que estraga as paradas de autobús e fai un chamamento á cidadanía para que evite publicar nas redes sociais fotografías con graffitis e outro tipo de actos vandálicos “porque xeran un efecto chamada”. Advirte que “o que buscan os autores deste tipo de estrados é protagonismo, e o feito de que se difundan contribúe a que o vandalismo se incremente”. Lembra que as pintadas e outras desfeitas no mobiliario urbano “supoñen para as arcas municipais un gasto de milleiros de euros cada ano”. O edil lamenta tamén que desde o PP de Redondela “se faga difusión do vandalismo, publicando continuamente nas rúas redes estes actos incívicos sen condenalos, e dándolle publicidade, que é o que buscan os autores”.

Novas marquesiñas na avenida de Redondela

Por outra banda, en toda a avenida de Redondela, en Chapela, substituiranse todas as marquesiñas por unhas novas. As instalacións das paradas do autobús cambiaranse o próximo trimestre.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará