Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela rexeita a petición dos ambulantes para celebrar a feira todos os venres

feira

O goberno local anuncia que manterá as datas tradicionais das feiras, os días 6 e 21 de cada mes, tal e como establece a Ordenanza municipal. A alcaldesa Digna Rivas, rexeita atender a petición do colectivo de ambulantes Alpedrete, con sede ne Madrid, e cualifica de “chantaxe” a ameaza por parte destes feirantes de mobilizarse no caso de que non se atendan as súas demandas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

O Concello de Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes, tal e como establece a Ordenanza Municipal. O goberno local rexeita así a petición de celebrar a feira todos os venres do ano, realizada pola Asociación de Empresarios y Comerciantes Ambulantes de Galicia con sede en Alpedrete, Madrid. A decisión do Concello de Redondela está abalada pola Asociación Galega de Ambulantes Autónomos, e tamén da Asociación de Empresarios de Redondela, que rexeitan facer a feira semanalmente cada venres.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que desde o goberno local puxéronse en contacto tanto co colectivo de vendedores ambulantes que traballa en Redondela como coa asociación de empresarios para coñecer a súa opinión sobre este asunto “e ambos colectivos están a favor de manter os días de feira tal e como están actualmente”. Desde o Concello lembran que o municipio xa conta con catro feiras mensuais, xa que en Chapela celébrase os días 2 e 16 de cada mes.

A propia Asociación de Empresarios fixo unha sondaxe interna entre os seus asociados e un 80% están en contra de aumentar os días de feira. Outro aspecto a ter en conta son as consecuencias que a celebración da feira ten na vida cotiá dos veciños, pola redución das prazas de aparcadoiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará