Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Investigado un condutor por cuadriplicar a taxa de alcohol ao volante

alcoholemia

O home, de 46 anos de idade e veciño de Redondela foi detido polos axentes logo de recibir varias chamadas alertando dun vehículo que circulaba dende Vilaboa en dirección Redondela dando bandazos pola estrada N-550 e subíndose a rotondas e beirarrúas. O individuo chegou a deterse na farmacia de Cesantes dando mostras de que se atopaba en estado de embriaguez.

Os feitos tiveron lugar ás 23:00 horas deste domingo cando os axentes da policía local lle daban o alto a este vehículo que circulaba pola estrada de Zacande en Cesantes. Previamente a Policía recibira varias chamadas alertando do rumbo errático dun vehículo que procedía de Vilaboa e que chegou a poñer en perigo a outro condutor tras adiantar en liña continúa e circular polo carril contrario na N-550, segundo informaba unha testemuña.

Os axentes localizaron o vehículo logo de que se detivese na farmacia de Cesantes e tomara a estrada de Zacande na mesma parroquia. O condutor, un marroquí de 46 anos de idade con domicilio en Redondela presentaba claros síntomas de embriaguez. A proba de alcoholemia deixou un resultado positivo de 1,02, o que cuadriplica a taxa máxima permitida.

O home deberá comparecer ante a autoridade xudicial como presunto autor dun delito contra a seguridade vial por conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará