Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do IES Pedro Floriani denuncia falta de profesorado e saturación nas aulas

pedro floriani

Aulas saturadas, pouco persoal tanto docente como non docente e carencia de  espazos común son algunas das deficiencias denunciadas dende a Asociación de Pais e Nais deste instituto que demandan da Consellería que se adopten as medidas precisas para garantir o bo desenvolvemento das clases.

O inicio do curso deixa patente as carencias que algúns centros educativos presentan para afrontar o regreso as aulas. Así o poñen de manifesto dende a Asociación de Pais e Nais do Instituto pedro Floriani que demanda de máis persoal para este centro educativo co obxecto de cumprir os ratios e atender as necesidades do alumnado. Neste sentido, solicítanse tres profesores adicionais como mínimo, ademais de persoal non docente, administrativo e de limpeza.

Aseguran que o centro carece dun profesor de matemáticas e outro de lingua na ESO e Bachiller, xa que co ensino secundario nocturno de adultos, eses dous profesores teñen as súas horas lectivas totalmente ocupadas e non poden dispoñer deles en horario diúrno. Tamén e preciso unha orientadora.

Denuncian ademais que as aulas se atopan moi saturadas, nun centro que ofrece ESO, Bacharelato, FP e ESA, cunhas ratios moi elevadas, o que fai imprescindible cubrir como mínimo os recursos solicitados para poder iniciar o curso en condicións mínimas. Lamentan que habendo prazas libres noutros institutos sigan metendo alumnado neste centro.

Lembran tamén que o centro está inmerso en obras de ampliación, que están a dificultar a organización diaria, agravando a situación e complicando o uso de espazos comúns, accesos e outras áreas.

Esta falta de espazo prolongarase durante gran parte do curso, polo que resulta urxente din “reforzar o cadro docente o antes posible para minimizar o impacto que toda esta situación pode ter no alumnado e garantir un bo desenvolvemento académico”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará