Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Presentación do libro “Vigo republicano. Palabras para o 14 de abril”

vigo republicano

A Casa da Cultura acolle este mércores ás 20:00 horas a presentación do libro “Vigo republicano, palabras para o 14 de abril”. O acto contará coas intervencións de Eduardo Rogríguez Cunha “Tatán” e Celso López Pazos. A actividade está organizada conxuntamente pola Asemblea Republicana e polo Colectivo Republicano de Redondela.

O libro recolle os discursos do peche das Manifestacións pola república do 14 de abril en Vigo dende o ano 2004 ata o 2024, un percorrido de loita pola República de vinte anos, onde dirixentes políticos e políticas, avogados e xentes da cultura, da arte, ou do ensino dirixíronse ás persoas alí concentradas, diante da Rúa da II República de Vigo, para proclamar en berro de liberdade democrática, a necesidade de instaurar, como en 1931, un réxime republicano que substitúa a herdanza franquista da monarquía borbónica.

A portada do libro así como as caricaturas recollidas foron realizadas polo ilustrador vigués Evaristo Pereira.

O libro, que nace do traballo militante e desinteresado de máis de 20 persoas estará á venda por 10€, e poderase adquirir no acto de presentación, ou contactando coa Asemblea Republicana de Vigo a través de todas as canles da asociación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará