Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Deputación afirma que a obra na EP2702 está paralizada porque falta documentación do Concello

ep2702

Continúa a polémica en torno a obra de arranxo da estrada entre Amoedo e os Valos. A deputada Isabel Couselo asegura que o concello aínda non remitiu a “acta de aprobación do convenio” e insiste en que a obra non pode comezar sen ter ese documento. Tanto a Deputación como o PP de Pazos aseguran que existe un risco real de perder o millóns de euros que o organismo provincial ten previsto investir nesta obra.

Logo de 139 días de espera, a responsable de Infraestruturas urxe ao goberno local a rubricar o acordo posto que “quedan menos de catro meses para executar o orzamento do 2024”. Neste sentido, Couselo aclara que entre a documentación remitida polo concello o pasado 31 de xullo non consta a acta de aprobación do convenio, un documento imprescindible para iniciar a execución do proxecto.

“Sen aprobación non hai proxecto. Sen convenio aprobado os veciños non poderán ver mellorada a estrada”, sostén a deputada provincial, quen sinala que “o alcalde de Pazos de Borbén sabe perfectamente que non está a facer os deberes no que respecta á mellora da estrada Amoedo- Os Valos.

Por este motivo, desde o departamento de Infraestruturas instan ao rexedor de Pazos de Borbén, Luciano Otero, a que aprobe canto antes o convenio. “Os veciños de Pazos de Borbén non merecen que se poña en risco un investimento tan necesario e importante”, concluíu a deputada Isabel Couselo.

PP de Pazos

No mesmo sentido manifestouse o PP do concello de Pazos quen acusan o alcalde da localidade de “mentir” e poñer en risco os fondos da Deputación. Os populares cren que a estratexia do rexedor e de Alternativa Veciñal pasa porque non se reforme esta estrada, malia o compromiso real existente e que suporía un investimento de máis dun millón de euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará