Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Vandalizan a escultura en homenaxe a Bernardo Seoane en Soutomaior

esculturavandaliza dous

A escultura, que apareceu esnaquizada na mañá de onte luns, foi restaurada en menos de 24 horas. A peza, cuxo nome é ‘O camiño das estrelas’, atópase ao remate do paseo marítimo de Arcade, ao carón da ponte romana de Ponte Sampaio.

Este luns ao mediodía foron varios os veciños e veciñas que notificaron que a escultura aparecera cercenada da súa base e tirada ao carón. Nese momento, dende o goberno local iniciouse o proceso de restauración, que rematou na propia tarde do luns cando a escultura recuperouse a súa imaxe orixinal.

Foi o pasado mes de abril cando se presentou esta obra ante a veciñanza de Soutomaior, nun acto no que tamén se proxectou un documental sobre a vida e obra de Bernardo Seoane, realizado polo documentalista Breikus. O escultor faleceu un tempo despois froito dunha enfermidade que levaba tempo aqueixando, pero a súa escultura quedou para sempre no paseo marítimo de Arcade como lembranza do inmenso amor que Bernardo sentía polo fondo da ría de Vigo e pola arte.

O alcalde Manu Lourenzo amosou a súa indignación ante actuacións que “non son doadas de entender”, en relación a este acto vandálico que sufriu a escultura doada por Bernardo Seoane. Unha vez arranxada a peza, Manu Lourenzo prefiriu quedarse coa fonda pegada que este ilustre veciño deixou no noso concello “non se pode entender o Soutomaior de hoxe sen ter presente a importancia de Bernardo para a nosa cultura popular. Milleiros de veciños e veciñas de Soutomaior e de Ponte Sampaio temos desfrutado coas súas esculturas ao paso pola ponte”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará