Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Siro Iglesias, histórico da Editorial Xerais, doa a súa colección privada á Biblioteca de Chapela

Doazon-Siro

O ex-responsable de Dereitos de Autor da Editorial Xerais, Siro Iglesias Izquierdo, ven de doar a súa colección bibliográfica á Biblioteca Xela Arias de Chapela.

Histórico da empresa, chegando a ser o seu traballador máis veterano, Siro Iglesias deixa atrás a editorial despois de máis de 40 anos de dedicación á mesma. Catro décadas cheas de lecturas, libros e anécdotas no seu haber que se iniciaron grazas ao seu contacto coa poeta Xela Arias, que lle introduciu na mesma, a que sempre foi para el unha amiga e compañeira.

Antes de chegar o verán Siro achegouse ao centro de Chapela para facer a proposta, coa que sinalou: “A miña colección de Xerais gustaríame que recadara na Biblioteca Xela Arias” e, cun sorriso engadiu: “o meu legado literario irá así a parar á biblioteca que leva o nome desta gran muller”.

A partir destes días a biblioteca catalogará e clasificará esta doazón, composta por 5 caixas repletas de libros deste selo de todo tipo: narrativa, ensaio, teatro, poesía ou libro infantil e xuvenil; e que converterán a colección nun dos fondos máis completos de Xerais das bibliotecas públicas galegas.

Unha doazón que dende o Concello de Redondela expresan “nos enche de orgullo, ledicia e agradecemento, e que será de grande utilidade para os nosos lectores e lectoras”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará