Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle esta fin de semana os adestramentos da base feminina da Selección Galega de Balonmán

post-view-1133

Foto da base da Selección Galega xunto con Carla Abad e Nerea Bouzón a tempada pasada

Os pavillóns municipais de A Marisma e A Bombonera acollerán ás seleccións infantil,  cadete e xuvenil feminina este sábado e domingo en horario de mañá e de tarde. Entre as rapazas convocadas hai xogadoras dos tres clubs redondeláns: A SAR, O Balonmán Chapela e As Choqueiras.

A preselección infantil feminina adestra en Redondela no Pavillón Municipal A Marisma, de 10:00 horas a 12:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas, este domingo.  Están convocadas 22 rapazas dos clubs BM Atlético Guardés, BM Culleredo, BM Lalín, BM Línea 21, BM Sanxenxo, Bueu Atlético BM, Club Cines Balonmano, E. BM Xiria e BM Porriño. De Redondela participan Ángela Sánchez Simón do BM Chapela e Alma Otero, Daniela Férnandez, Daniela Figueroa, Daniela Miguez, Karla Fernández e Noa Pérez Castro da SAR.

En canto a preselección cadete feminina, 22 rapazas adestrarán no Pavillón Municipal A Bombonera de Redondela o sábado en dous turnos, de 10:00 horas a 12:00 horas e de 16:00 horas a 18:00 horas. Achéganse dos clubs AD Carballal, Asmubal Meaño, BM Cangas, BM Lalín, Bueu Atlético BM, E. BM Xiria, UB Lavadores, BM Culleredo e BM Porriño. De Redondela están convocadas Adriana Bouzón do CBF AS Choqueiras e Candela Martínez e Noa Portela da SAR.

Por último, a preselección xuvenil feminina adestrará nos dous pavillóns do municipio en horario de mañá e tarde o sábado. Neste caso están convocadas 20 rapazas dos clubs AD Carballal, BM Cangas, BM Porriño, BM Lalín, UB Lavadores, BM Moaña e BM Atlético Guardés. De Redondela participan Julia Caeiro, Leire González, Alba Pérez e Julia González da SAR.

As  preseleccións masculinas cadete e infantil adestran na Estrada e contan, ademais de participación de xogadores do Balonmán Chapela e SAR,  con Carla Abad como seleccionadora do cadete masculino e Nerea Bouzón como delegada na mesma categoría.

A preselección infantil masculina conta con 24 rapaces dos clubs BM Culleredo, BM Lalín, BM. Porriño, Club Cines Balonmano, Bueu Atlético BM, BM Linea 21, E. Bm Xiria, Luceros, Bm. Cañiza e Asmubal Meaño. Este ano de Redondela está convocado Iván Pérez González da SAR. Adestrarán aos mandos de Carlos Rodríguez no Pavillón Manuel Coto Ferreiro en A estrada o sábado ás 10:00 horas.

A preselección cadete masculina estará no Pavillón Manuel Coto Ferreiro na Estrada o sábado ás 11:30 horas. Son 24 rapaces dos clubs Cisne Balonmano, E. BM Xiria, BM Culledero, BM Línea 21, BM Lalín, BM Cangas, CDC Ribeiro, Atlético Novás. De Redondela participan Óscar González, Nicolás Alonso e Lois Alonso do BM Chapela e Jose Ramón González e Anxo Figueroa da SAR.

A preselección xuvenil masculina non conta este ano con representación redondelá e adestrarán na Estrada o sábado 21 rapaces dos clubs Cines Balonmano, BM Culleredo, E. BM Xiria, BM Lalín, Bueu Atlético, Luceros, BM Tui, BM Atlántico, BM Reconquista de Vigo e CDC Ribeiro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará