Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A sede redondelá da Asociación Española Contra o Cancro anuncia a súa cea solidaria anual

WhatsApp Image 2024-09-04 at 12.42.49

Xunta local da sede redondelá da Asociación Española Contra o Cancro na cea anual

A cena solidaria terá lugar o venres 13 de setembro ás 22:00 horas na Casona da Torre. Durante o evento haberá unha tómbola solidaria que dará comezo ás 21.30hrs. O recadado destinarase a seguir financiando os programas e servizos gratuítos que ofrece a asociación e fomentar a investigación en cancro para conseguir o obxectivo de alcanzar o 70% de supervivencia para o 2030.

O que se recade neste evento destinarase a seguir financiando os programas e servizos que a asociación ofrece de balde a todos os pacientes oncolóxicos e as súas familias; como son atención psicolóxica e social, préstamo de material ortoprotésico (cadeiras de rodas, camas, perrucas…), logopedia, fisioterapia e exercicio físico oncolóxico, nutrición, campañas de prevención ou acompañamentos en hospitais e domicilios; ademais, de seguir investindo e fomentando a investigación en cancro para conseguir o obxectivo de alcanzar o 70% de supervivencia para o 2030.

É necesario reservar as entradas, que teñen un prezo de 40 euros por persoa. As persoas que desexen asistir poderán reservalas chamando aos teléfonos: 678 51 56 46/ 654 23 53 76.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará