Hoxe é Xoves 7 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

14 equipos competirán no Torne de Baloncesto 3×3 no skatepark de Redondela

Torneo Baloncesto 3x3

O Skatepark de Redondela acolle, o sábado 31 de agosto,  un Torneo de Baloncesto 3×3 coa participación de 14 equipos.  A cita, organizada polo Concello de Redondela coa colaboración do Club de Baloncesto Redondela, contará cuns 60 participantes.

Os partidos disputaranse ao longo de todo día, desde as 10.00 ata as 21.00 horas, aproximadamente. Haberá dous premios en metálico, con 300 euros para o equipo gañador e 100 euros para o segundo clasificado.

O baloncesto 3×3 é unha modalidade do baloncesto que se xoga nunha soa canastra e con tres xogadores por equipo. Trátase dunha disciplina deportiva en constante crecemento e popularidade en todo o mundo, especialmente desde que se impulsaron as competicións oficiais internacionais, así como a súa inclusión nos Xogos Olímpicos.

O concelleiro de Deportes, Iván Valles, presentou onte o torneo xunto a Raúl Berdomás, Lucas Camiño, Pablo Domínguez e Iván Vilas, organizadores desta cita deportiva, aos que agradeceu a súa colaboración. Animan á veciñanza a achegarse a este evento, que será “moi dinámico” e que busca “promover o deporte ao aire libre e o ocio saudable entre a mocidade”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará