Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Espaço Vivo acolle a exposición da ilustradora arxentina Agustina Shuan

1_ag

O local dedicado á arte e a gastronomía vegana inaugura unha nova mostra de ilustracións coa obra da artista arxentina de Agustina Shuan. Unha deseñadora e ilustradora moi activa, que estará en Redondela o día 28 de agosto ás 20:00 horas para presentar o seu último traballo.

Dende a organización explican que se trata dunha “mostra incrível, com trabalhos totalmente novos, criados em exclusiva nestes últimos meses”. Agustina Shuan (Buenos Aires, Argentina, 1988) é deseñadora especializada en ilustración, cerámica e Ourivaría. En 2016 chegou a Galicia para estudar na Escola de Artes e Oficios de Vigo e dende entón traballa de forma independente ilustrando para proxectos musicais, editoriais ou festivais en Santiago de Compostela ademais de ter a súa propia marca de xoiaría artesanal “Contraform”. O seu tráballo encontra inspiración na figura feminina, a natureza e a vida cotiá que a envolve. 

A maiores desta exposición artística, o venres 30 de agosto, Espaço vivo teñen programado un concerto da banda RAUM Trazz e unha cea colectiva con produtos orgánicos da propia horta de Espaço Vivo. A degustación vegana precisa reserva a través do teléfono 622 19 30 26 ou no enderezo artenaleiragz@gmail.com e ten un prezo de 20 euros.

Peza do seu último traballo que se poderá ver na exposición.

Imaxe da súa marca de xoiería feita a man “Contraform”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará