Hoxe é Venres 11 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela conta xa cun mapa turístico en Google Maps que permite descubrir 50 lugares de interese

couñago

A iniciativa parte do divulgador cultural Xosé Couñago quen, paseando polas rúas da vila, decatouse do interesante que resultaría para o camiñante contar cun roteiro que se poida descargar nunha aplicación tan popular como é Google Maps. Deste xeito, co teléfono na man, podemos facer un percorrido dunha dúas horas de duración polo centro de Redondela que nos vai levar ata medio cento de lugares de interese referenciados a enlaces que completan a súa información. O enlace a este servizo podémolo atopar na súa páxina de facebook.

Explica Couñago que a orografía e composición urbana da vila permiten un paseo no que atopar e admirar diferentes elementos da nosa historia que compoñen un relato de como se foi contruíndo e desenvolvendo o centro urbano ao longo dos anos.

Con esa idea foi recollendo os diferentes espazos e edificios e chegou ata un total de 50 puntos de relevancia porque sinalan monumentos tan coñecidos como os Viadutos ou os templos relixiosos, pero tamén as pontes e os pazos, casas significativas de épocas diversas, escudos gravados en fachadas, ou o propio barrio histórico da vila…

Un percorrido que parte dende o aparcadoiro do Campo da Feira, poñendo en valor o feito de que este lugar foi no pasado unha gran Marisma, e dende alí fai un itinerario circular que remata na Praza de Abastos.

Cada punto do mapa contén unha breve introdución e, a continuación, unha ligazón para entrar en páxinas web que amplían e detallan toda a información sobre cada un dos elementos o que permite ao usuario ampliar os seus coñecementos na medida que o desexe.

As casas mariñeiras do barrio histórico, edificios singulares de épocas diversas, casas indianas, os escudos que atopamos nas fachadas, o barrio histórico, a Alameda, o cemiterio dos Eidos, a Praza da Farola, os viadutos… e así ata 50 puntos que descobren ao camiñante a historia que se agocha en cada un dos lugares sinalados e que deixa tamén sorprendentes descubrimentos aos propios veciños de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará