Hoxe é Mércores 16 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP de Pazos esixe a dimisión do alcalde e fala dun mandato “nefasto”

Foto Nota Balance

O grupo municipal do PP de Pazos de Borbén vén de realizar unha comparecencia con motivo do primeiro ano de mandato do goberno local encabezado por Luciano Otero e, durante a mesma, esixíu a dimisión do alcalde pola súa demostrada incapacidade para aprobar os Orzamentos Municipais, as constantes irregularidades en contratos e facturas, o bloqueo de importantes proxectos como a mellora da EP-2702 e o polígono de Amoedo e o persistente enrocamento que fai da súa situación de minoría.

Os populares cren que o balance destes primeiros doce meses é “nefasto, sen que haxa unha mínima cousa que salientar” e advirten de que a situación vai empeorar nos tres próximos anos “polo sectarismo, a incapacidade e a falla de diálogo” do rexedor, ao que lle pide que renuncie ao cargo ante tanta insolvencia por dignidade e por respecto aos veciños.

Neste senso, lembraron que presentou o proxecto de Orzamentos Municipais 2024 e foi rexeitado pola inmensa maioría da corporación “mentres demostra a súa caradura política culpando á oposición e facéndose a vítima, pero se todo o mundo vai nunha dirección contraria á súa, o que está trabaucado é el”.

Así mesmo, os populares, a través da súa voceira, Eloísa Nogueira, lamentaron as constantes dificultades no pago das facturas “pola súa política de despilfarro e as dificultades que ten para aprobar unhas modificacións de crédito que non responden ao ben común senón aos seus intereses particulares” e, nesta liña, engadíu que o departamento de Intervención censurou o fraccionamento ilegal de facturas e as irregularidades en ata 242 contratos menores, algo que foi admitido polo propio alcalde sinalando que, ás veces, non se facían todos os trámites nin se cumprían cos requisitos legais.

 “Con este balance, cremos que Pazos só ten unha saída e pasa pola marcha inmediata do alcalde”, sinalou Nogueira, que acusou a PSOE e BNG de ser “cómplices e corresponsables” desta situación posto que permitiron que gobernara unha forza minoritaria, que non gañou as eleccións e que apenas ten catro concelleiros. Por elo, instou a estas dúas forzas a “ser valentes e tomar decisións polo ben de Pazos e dos nosos veciños”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará