Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG denuncia falta de limpeza en Pazos de Borbén e acusan ao alcalde de privatizar o servizo

camiños pazos

A fronte nacionalista pide reforzar a brigada municipal de limpeza diante do “abandono” dos camiños, parques e zonas deportivas do concello.

O BNG denuncia falla de limpeza e mantemento en Pazos, unha situación que se deriva, sinalan, da privatización do servizo por parte do goberno local “derivando máis recursos públicos a empresas privadas en lugar de reforzar a brigada municipal de limpeza”.

Afirman que os parques e zonas deportivas están abandonados, con equipamentos en mal estado, con silvas e maleza por todas partes e con importantes deficiencias na recollida do lixo”. O portavoz do BNG en Pazos, Xurxo P. Besadío, lamenta que o goberno local estea a pagar “ate 75 euros a hora á empresa do asesor do alcalde pola limpeza de camiños mentres moitas zonas do concello seguen sen rozar dende o ano pasado”.

 “O alcalde di que non hai diñeiro para pagar o persoal propio cando gasta máis coas privatizacións”, criticou o concelleiro nacionalista. Asegurou que non é o único servizo que foi privatizado polo actual goberno de Pazos “vemos como se entregou a xestión de facturas e pago a provedores a unha empresa privada, o que está a retrasar os pagos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará