Hoxe é Luns 22 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Remata o prazo de inscrición para o campamento RedondelArte

campamento

Digna Rivas e Pilar Martínez visitaron o campamento que estes días se desenvolve en Cesantes

A actividade consiste nunha fin de semana de inmersión artística que se celebrará do 20 ao 21 de Xullo e está dirixida á rapazada de 6 a 18 anos. Organizada dende o Departamento de infancia e xuventude, inclúe obradoiros de artes plásticas, danza, música, construción de instrumentos e deportes urbanos, entre outras actividades. Ten un custe de 45 euros por participante, 40 no caso do segundo irmán e inclúe a pernocta e pensión completa. Máis información en redondelarte2024@gmail.com. Reservas no propio Concello de Redondela, no teléfono 986 400 300 ou no enderezo electrónico concello@redondela.gal.

A concelleira Pilar Martínez explica que o obxectivo é “xuntar todas as disciplinas artísticas que se imparten en Redondela para que nenos, nenas e mocidade poidan coñecelas e probar distintas actividades durante toda a fin de semana”.

As xornadas comezarán o sábado día 20 ás 9.30 da mañá no pavillón da Marisma, con actividades ao longo de todo o día. Na velada do sábado haberá unha exhibición de deportes urbanos no skate park e participarán na elaboración dun mural. Os participantes pasarán a noite no pavillón e o domingo realizarán diferentes obradoiros para rematar co fin de festa na Praza da Casa da Torre. As actividades serán impartidas polas escolas Ao Teu Ritmo, Mimarte Taller Creativo e a escola de danza CDPI.

A proposta de RedondelArte, subvencionada polo Concello, ten un copago de 45 euros por participante, 40 no caso do segundo irmán. O prezo inclúe todas as actividades da fin de semana, materiais, monitores cualificados, pernocta e pensión completa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará