Hoxe é Domingo 19 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abre o prazo para se inscribir nos campamentos de conciliación de verán

campamento veran

O campamento está dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos e desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 horas. A actividade realizarase en sete parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela. O prazo de inscrición estará aberto do 7 ao 21 de maio no rexistro do concello.

A Concellería de Igualdade organiza un ano máis o Programa municipal de conciliación para o verán. Deste xeito ofrece un servizo ás familias “que favorece a conciliación de responsabilidades familiares e laborais, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas”.

O servizo, que é totalmente gratuíto para as familias, prestarase durante os meses de xullo e de agosto, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres. Está dirixido aos menores con idades comprendidas de 3 a 12 anos. O número de prazas ofertadas para esta convocatoria son 300 no mes de xullo e 180 no mes de agosto. As prazas estarán distribuídas en sete emprazamentos diferentes: CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Cedeira, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Quintela, Pavillón de Reboreda e Conservatorio Municipal “Víctor Ureña” de Redondela. Deste xeito o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”, explica a alcaldesa Digna Rivas.

A prestación do programa distribuirase en quincenas, con dúas quendas en xullo e dúas en agosto. Toda a documentación necesaria publicarase na páxina web do Concello, e tamén poderá solicitarse na casa do Concello ou nas oficinas do Centro de información á muller (CIM). As solicitudes deberán presentarse no Rexistro xeral do Concello de Redondela do 7 ao 21 de maio de 2024.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará