Hoxe é Venres 3 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Temor entre as mariscadoras ante as ameazas dos furtivos

furtivos

A confraría de Redondela denuncia a existencia dun grupo de 4 ou 5 homes que de xeito continuado están a actuar nos diferentes bancos marisqueiros dende o pasado mes de outubro. Falan dun grupo organizado que actúan de xeito continuado esquilmando o litoral de Redondela. Unha situación que supón un prexuizo económico para as mulleres que viven deste traballo ao que se lle suma o temor ante posible represalias por parte do furtivos que xa as amezaron verbalmente en varias ocasións.

Nin a vixilancia por mar, nin a que realizan os vixiantes privados contratados pola confraría ou as propias traballadroas nin tampouco a acción dos axentes da policía local logra controlar a este grupo organizado que dende hai meses está a operar nos areais de Redondela roubando o pouco marisco que sobreviviu as chuvias.

Non se esconden e se as veces operan pola noite, este luns xa o fixeron a plena luz do día. Cando unha parella os increpou por estar a desenvolver unha actividades ilegal, lonxe de amedrentarse os ameazaron como xa teñen feito en ocasións anteriores cando as mariscadoras lles chaman a atención.

Unha situación que a Agrupación de mariscadoras de Redondela cualifica de “insostible” polo que fan un chamamento á cidadanía a que alerte á policía ou a propia confraría no caso de ver a estes homes apañando marisco “son uns catro ou cinco profesionais, de entre 25 e 40 anos que dende hai meses actúan sen pudor tanto en Cesantes como na Portela”. Uns furtivos profesionais que se aproveitan do traballo que durante todo ano fan as mariscadoras, sementando e limpando os bancos, para levarse a mercancía de xeito ilegal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará