Hoxe é Luns 29 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela ofrece un Ciclo de Saúde Feminina no marco da programación do 8M

WhatsApp Image 2024-03-06 at 16.14.52

Desde o 9 de marzo e ata o 13 de abril celebraranse na oficina de Turismo, na  Rúa Isidoro Queimaliños, diferentes charlas e obradoiros sobre saúde física e mental, sexualidade e nutrición dende unha perspectiva e xénero no marco da programación do Día Internacional da Muller.

Especialistas en diferentes ámbitos, entre as que se atopan dende doutoras  a nutricionistas, falarán sobre o corpo desde unha perspectiva de xénero e abordarán cuestións como a menstruación e a menopausa, a alimentación, a sexualidade ,o autocoñecemento e o coidado emocional. María García  ou ‘Señora Placerful’ é unha das expertas e facilitadoras do ciclo e  impartirá o obradoiro de ‘Sexualidade e saúde sexual: o pracer dende o respecto e o autocoñecemento’. Contará coa colaboración de Raquel Doallo, creadora da “iniciativa Aopaso”, coa que creará “un espazo seguro onde as mulleres poidan compartir con outras e expresar de xeito libre e respectuoso as vivencias relacionadas cos seus corpos e a súa sexualidade”.

María García é licenciada en Socioloxía e traballou máis de 10 anos en diferentes países, no ámbito da cooperación internacional, como especialista en dereitos humanos, xénero e migración. Actualmente dedícase á formación inclusiva e transformadora con estudos en educación sexual somática. Un eido pouco coñecido en Galicia e que se distingue da terapia sexual tradicional,  “porque pon o foco na experiencia que se vive no propio corpo”.

O obradoiro ten unha duración de 4 horas, dende ás 10:00 horas ás 14:00 horas, onde vai empregar unha metodoloxía socio afectiva para traballar a empatía, o sentimento a corresponsabilidade coas outras e desenvolver seguridade. Está dirixido a mulleres adultas a partir dos 18 anos e o interesante para a facilitadora é “ter un grupo variado no que se compartan experiencias de distintas xeracións para analizar a sexualidade da muller e abrir novos camiños de conversa”.

Señora Placerful quere abrir temas de conversa sobre a “desigualdade que sofren as mulleres no ámbito da saúde mental” e na “escasa investigación que hai neste eido sobre o corpo feminino e as enfermidades relacionadas, como pode ser a endometriose”. Tamén apunta á desigualdade e  falta de visibilización do erotismo e o pracer das mulleres que moitas veces “é algo tabú, pero moi necesario e que nos acompaña toda a nosa vida”.

Tanto para este obradoiro como para o resto de xornadas dentro do programa do Ciclo de Saúde feminina a inscrición pode realizarse unha semana antes de cada actividade no enderezo electrónico multiusosredondela@gmail.com ou por teléfono 986 40 28 65.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará