Hoxe é Mércores 1 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A mostra “Conquistadoras” dá o pistoletazo de saída aos actos polo 8M en Redondela

Mostra Conquistadoras4[65721]

A exposición, que no mes de abril trasladarase ao paseo de Cardona en Chapela, xa se pode visitar na Alameda Alfonso Castelao. Unha mostra na que se recollen referentes históricas como Juana de Vega, María Vinyals ou María Pita quen comparten protagonismo con mulleres destacadas do panorama actual como a cantante Luz Casal, a xornalista Julia Otero ou a enxeñeira redondelá Xunqueira Ézara. Trinta dos paneis tiveron que ser retirados tras seren obxecto de actos vandálicos. O acto institucional polo 8M terá lugar este venres ás 12:00 horas no auditorio do Multiúsos da Xunqueira.
A exposición “Conquistadoras” reflicte “o compromiso do Concello de Redondela con todas as mulleres que loitaron polos seus dereitos”, explica a alcaldesa Digna Rivas. A concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, lamenta que máis de 30 paneis tiveron que ser retirados “porque estaban literalmente rachados e desfeitos” mentres que outros puideron ser reparados.
O acto central deste 8 de marzo celebrarase ás 12.00, na praza do Concello, coa participación de representantes de diferentes colectivos e entidades.
A programación do 8M continuará o sábado día 9 coa obra de teatro Revolta, da compañía Juanito e Filomena, cunha reinterpretación feminista da Historia en clave de humor a cargo das actrices Arantxa Treus e Rocío Romero. A cita é ás 20.00 horas no auditorio da Xunqueira, entrada 3 euros.
O mesmo día, no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela, concerto 8M a cargo da Banda de Música de Chapela. Ás 20.30 horas con entrada de balde.
Concertos “Petiscos en Igualdade”
Os domingos 10, 17 e 24 de marzo haberá concertos na praza da Constitución con diferentes artistas. O primeiro será o de Su Garrido, o do día 17 correrá a cargo do grupo Noite, e o último será o de Zousaxmas. Nos tres casos as actuacións serán ás 12.00 horas.
Contacontos
O xoves día 14 de marzo a Biblioteca Municipal Xela Arias, en Chapela, acollerá o contacotos “Vamos ao recreo”, de Trémola Teatro. Nesta historia, recomendada para público infantil e familiar, unha nena revoluciona o patio do cole onde rapazas e rapaces debían xogar separados. Ás 18.30 horas, entrada de balde.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará