Hoxe é Xoves 2 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abel Losada comprométese a incluír a rotonda dos Valos na axenda de Fomento

rotondaos valos

O subdelegado do goberno confirmoulle ao alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero a súa intención de defender esta actuación por entender que se trata dunha demanda “xustificada, dadas as características deste cruc” e anunciou que iniciará os trámites para incluíla nos plans de Fomento.

O alcalde de Pazos de Borbén, Luciano Otero, reuniuse co Subdelegado do Goberno, Abel Losada, para demandar a construción da tan reclamada rotonda no Alto de Os Valos, unha actuación que beneficiaría aso concellos de Redondela, Pazos de Borbén e Mos xa que viría a mellorar a seguridade viaria e a fluidez do tráfico nesta intersección clave no límite entre os tres municipios.

A construción dunha rotonda permitiría mellorar a seguridade viaria, reducir os tempos de viaxe, e facilitar o acceso ás áreas circundantes, nas que se atopan zonas industriais con elevado tráfico pesado.

Otero expresou a súa preocupación pola seguridade viaria neste punto e destacou a importancia desta iniciativa para toda a comunidade. “A creación dunha rotonda en Os Valos é unha medida reclamada dende fai tempo por todos os concellos afectados, crucial para garantir a seguridade dos condutores”, afirmou.

O Subdelegado do Goberno, Abel Losada, pola súa parte, mostrouse receptivo á proposta e comprometeuse a incluír na axenda de Fomento esta actuación. “E unha demanda que vemos xustificada, dada as características deste cruce, e veremos de iniciar os trámites para incluíla nos plans de Fomento”, declarou.

Aproveitou o alcalde de Pazos para solicitar información sobre a situación de dous proxectos, a A-59 e a A-57, que no seu momento estiveron incluídos nos plans do Ministerio e que lle afectarían de cheo a esta municipio, unhas actuacións que segundo dixo Losada “non están enriba de mesa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará